Friday, January 28, 2005

Comenzamos a andar

Hai case dous anos, un día de verán, pensamos en facer un directorio de empresas creado polos usuarios onde poderían avaliar o uso do galego nas empresas. Co tempo, a medida que nos metíamos máis na usabilidade, decatámonos dos moitos erros que contiña a web. Pero estamos tan liados que non temos tempo para reformala... unha mágoa, porque fíxonos moita ilusión este proxecto.

Por non ter tempo de abondo, decidimos abrir esta bitácora para ir contando as nosas experiencias como consumidores galegofalantes. Gostarianos contribuir no que poidamos a normalizar o galego. Moitos negocios non consideran necesario unha atención ó cliente ó galego cando este utiliza a nosa lingua e só queremos facerlles ver que non é imposición, se non pura estratexia comercial.